martes, 6 de enero de 2009

Outro día máis

Sen pensamentos puidera quedar expectante neste ser que levo dentro, que a miúdo me rexeita e me queima…
puideran eses tres paxaros voar máis preto, os cas ladrar máis lonxe, o ceo azul intenso semellar cercano, puidera o corvo soar lonxano e os xílgaros máis preto, a brillante lúa votar un sorriso dende o sol ata min…puidera bicar aquela estrela única no ceo, que din que non é estrela, senon un planeta… puidera sentilo frío que hoxe vai… poidera sentila ilusión que senten hoxe moitos pequenos ou a desgrazas de outros tantos… máis non sinto, nin unha pinga, nada do que é, nin sequera sabería o día ou ano no que vivo se non foran leves aprendizaxes soterrados nalgún lar dos meus miolos, o mínimo para sobrevivir nesta danza que me leva, que nos leva…

No hay comentarios: