martes, 27 de enero de 2009

dende o lado escuro

Remato os meus deberes profesionais. Dispóñome a saír cara a miña escura madrigueira [ …como tantos outros galegos,
non digo nada máis, pois dabondos comentarios hai xa polo sucedido e as posturas e actuacións posteriores...]

Agora so me pregunto se o chegar hoxe, tamén terei que volver a prendela vela e mentres derrete a cera quedar á espera na escura noite deste doente inverno, vendo transcorrer a quietude do tempo, esa quietude inquiétante que só hai cando todo é escuramente negro. Desenrolo os instintos dos vellos de antano, volvendo ao salvaxe lado humano…animal…instinto primario, convértome nunha fera muda sen medo nin piedade.








velas necesarias
ceas románticas
min con min
necesariamente malévolas
necesariamente perversas
no escuro da noite
son coitelo ferinte
que mata con dor
rebumbios do interior
ensanguentan a miña voz
saborean o sabor
do vermello solpor

non me toques
non te acerques

son fera que quebra
que mata e envelena

maldita séa a luz

nas teneblas
na calma da escuridade
atopo tranquilidade
disipando sombras…

son espectro marchante
pensamento desafiante
xordo berro serpenteante
que se medra na tenebla
buscadora de sangue
feridas que abren
rotas as veas, o sangue sae

vermello sen vela
é negro viscoso…

gusto dese sabor
sabor da tenra aspereza
no doce amargo
do sangue da presa

…na tenebla
son fera sen pena
en busca de presa.

2 comentarios:

Fran dijo...

Me encantó. Ayer se nos fue la luz muchas veces, aunque la situación no sea tan dura y extraña como en otros lugares del país.

En uno de esos momentos, todo se apagó: deshumidificador, calefacción, DVD, tele, luces, esos sonidos y luces artificiales que nos rodean casi siempre en la vigilia nocturna. Y de pronto fue de noche, de noche de verdad, y se oía el viento y la lluvia. Y casi me sentí un animal en su cueva.
Gracias pasaxeira!

pasaxeira dijo...

y a mi me encanta esto:

"Y de pronto fue de noche, de noche de verdad, y se oía el viento y la lluvia. Y casi me sentí un animal en su cueva"

más o menos, es lo que yo dije ¿no?
Gracias a ti paladín. Fuiste valiente al comentar sin tener miedo a ser mi presa...pero cuidado, no te acerques demasiado, estoy al acecho...