So onde houbo un gran baleiro pode haber unha grande plenitude.
Isto me digo a min mesma…e desta vez, creo que estou a dicir a maior verdade que de min pode saír. Iso creo eu. Pero xa se sabe que non hai verdades absolutas, se non as propias que nós queiramos crer.
Penso.
Deberan levar unha carga especial as palabras ilusión e esperanza, unha carga que fose capaz de expandirse coma unha onda no océano, desembocando a súa forza naquelas praias que estean a súa espera, empapandoa ca súa auga, e calándose entre os buratos non visibles da area…
Así enchería eu as praias…
…palabras ilusión e esperanza.
Calquer día, hoxe mesmo, o sol pode brillar, os paxariños piar, mentres ti te estiras no teu despertar, con un día por diante no que pensas como o podes encher…pensando, pensando…unha brisa acaricia meu rostro e provoca un lixeiro sorriso…pois recoñézoa: é a brisa que precede á onda.
OCTUBRE
Hace 3 días
3 comentarios:
Sempre tentando atopar o senso máis positivo e esperanzador...
Achega sempre un sorriso, pasaxeira!
Un forte bico!!
sempre é un pracer que o sol abrácenos cos seus raios e que a suave e burlona brisa róubenos un sorriso
acompáñoche na busqueda desa brisa
moitos bicos pasaxeira
oxala que as ondas cheguen a tempo as nosas praias!
Moitos bicos ás dúas!
Publicar un comentario