domingo, 1 de febrero de 2009

Divagando un domingo

Debera baixar máis a miúdo.
O dia aquel non me percatara de que os teus ollos eran de pedra.

Hoxe quixera poñerme a escribir todo o día, hora tras hora, permanecer escribindo, no meu silencio, escoitando o interno, transcribindo, falando e dirixíndome a min, ó tempo, á vida… ó que séa… abandonarme sen resistencia a todo o que queira saír de min. Mais non por querelo realmente, senón por necesidade, pois en verdade hoxe quixera converterme nunha tecla ó servizo da xema do meu dedo, permanecer caladiña na tranquilidade, pulsada unha e outra vez pola suavidade da miña pel dactilar.

Vendo pasteis azuis, que ninguén quere, son cor do ceo, din os tolos que vendo o ceo…
Mergullome no branco da pantalla, no negro das letras… que aparecerá en outros ollos…nos teus ollos…

...falan os merlos, e contan que vendín o ceo… que valeirei os meus petos, que o quedar sen nada, rasquei o peto e esfiañei a tela, e que sen máis, os fíos saíron, dereitos do corazón…e que son eles os que a traizón, anaquiño a anaquiño a min me venden, sen pena nen compaixón.
Por iso é que eu desaparecín, en min... vendida polos fíos do meu corazón.

No hay comentarios: