jueves, 7 de mayo de 2009

Eu que sei

Poñerse a escribir…algúns din, algúns contan… eu que sei. Vivo nunha aldea, na que naceu un neno e morreu unha vella. Vivo nesta historia de xente que se vai, eles fan a miña historia que eu coso a remendos. Eu que sei. O outro día vin un cura poñerse no medio da vía, esperando o tren, dicíndolle ós fieis que esa era a salsa da vida. Eu que sei. Unha velliña está a morrer, unha nova a parir. Din…


Caín na conta do cotián, do sufrimento que conleva o balcón dun fermoso ollar.
Caín na conta dun vello vermello que olla ós nenos, na historia que levan cada un deles… caín na conta do inquietante de atopar un semellante enfronte, observador que tensa o ambiente … caín na conta de pensar o que conleva caer na conta, nunha mente que reverte, e que non atopa o oco que lle axeite
Nos papeis en branco que están por escribir, nunha imaxinación por explotar, nunha vida que xorde do gris… nunha vida que caeu nun furado de amor e que pasado o tempo quebrou nun espiral de dor, nun vermello solpor
Nos ollos que ferven ó mirar o fermoso, no xeito en que me afasto do cotián, remexo a miúdo as voltas do ir e vir, en cada momento que paso sen vivir en min, anclo a vida, e voto pola borda calquera faladuría, mollo as miñas mans nas bagoas dos que sofren.
Din…
Eu que sei.

7 comentarios:

Vagamunda dijo...

Moi fermoso, pasaxeira, contado dende a nostalxia...
Non fagas caso dos disques, sempre chegan distorsionados
Un biquiño

Elen dijo...

Encantame atopar hoxe aquí este texto.
"Papeis en branco sen escribir", fermosa maneira de ver o futuro, como algo limpo, que non trae lixo de atrás.
Disque din... pois que digan, pasaxeira, ti mentras sigue a vivir!!

Un bico moi galego.

Gata dijo...

mi abuela era gallega pero yo no lo entiendo muy bien q penita ;)
un besin

Unknown dijo...

¿dis que din? deixa que digan, sempre diran.
Eu si sei... gústame moito o que o ti dis, e cando dis algo se como che sentes, e ás veces gústariame elevarche ás alturas para que seguises dicindo...
E bo, voltar o pasado para non cometer o mismo erro, mellor outros. Pero, traballa na procura de esquecer.

Sempre se sae dun buraco para caer noutro, o importante é saír.

un abrazo e dous bicos

Marisa dijo...

Fas ben en botar pola borda as faladurías.
O que importa é esa vida que
loita para sair do gris,
para mirar fermoso.

Un biquiño.

Susi DelaTorre dijo...

Sempre atoparás xente que di... se foses xunto un cabalo, dirian que es parva por non aproveitar o seu corpo para non ter que andar; e se foses enriba dél, pois... parva por cargar o probe do animal!!

Vaiche boa, pensar no que dirán os demais...

Unha aperta e un bico,
esquece tolerías da vila.

Tí és moito máis!

Anónimo dijo...

los recuerdos siempre mienten, eso es cierto. Tan cierto como que tu siempre aciertas