viernes, 20 de marzo de 2009

título? ... sabe Deus! pasaxeira, tal vez

Parece que rematou o inverno. Aló vai… pois que vaia. (…qué remedio!)
Bendita primaveira.
Unha das cousas máis fermosas dende que quebrou a miña estabilidade é escoitalos paxariños, resulta incrible, pero a veces sinto que dende que era unha nena non os volvín a oír. Hoxe soan coma si estivesen cheos de vida, nesta luz do sol que leva días quentando, parecen volverse tolos, mostrando cada un o que máis a súa ledicia por estar aquí. Quen sabe o que se están a dicir, so sei o que me din a min, e de seguro que é moito máis do que eu podería expresar, aínda que o intentase, por desafogar toda a intensidade coa que sinto, sei que polo de agora non atopei a vía que se axeite á total expresión do que quero dicir. Quizais máis adiante, cando sea capaz de poñerlle orden ó meu caos, aínda que tal vez daquela xa non sinta deste xeito que sinto agora, pois hoxe o sentido do meu nome lévame a pensar no cambio incesante, nunha única cousa constante que reside no máis fondo dun baleiro, lonxano das portas da percepción…

9 comentarios:

Leola dijo...

Cuando leo "dende que quebrou a miña estabilidade" no puedo evitar creer por un segundo que soy yo la que escribe. Todo lleva un tiempo y es verdad que parte de la reconstrucción se hace desde el vértigo del caos. ¿Sabías que escribes tu entrada la misma hora en que llegó oficialmente la primavera? El cambio es más que una opción: es nuestra naturaleza. Explora y expresa, sientas lo que sientas.
Feliz Primavera.

Sir Bran dijo...

No he podido evitar que cierta cantidad de polen en el ambiente, flotase confiada de estar en el sitio correcto. Tus sentimientos tambien has tomado posiciones para reforzarse.
Lo siento por los alérgicos, quizá sean los únicos que le encuentran pegas a esta florida estación.
Celebro contigo la entrada.
Un placer.

Anónimo dijo...

Pasaxeira,
De seguro que o caos está collendo rumbo...
A intensidade vai seguir aí. Estou segura.
Dicirche que eu tamén sentín a chegada da primavera e estouche brindando por ela, jeje.
Un abrazo!!

Unknown dijo...

pasaxeira, dende o punto máis escuro do caos, empézase a gestar a coherencia da resurrección, sé forte. Pronto atisbaras a luz.
Non mires atrás, xamais.... non deixes que o pasado siga arañandote.

Moitos bicos e xa sabes...

Marisa dijo...

Cando a primavera entra deste xeito
tan xeneroso, con ceos azuis, abellas con voos circulares para non deixar atrás ningunha flor na que pousarse e os paxariños anunciándonos un novo renacer.Fannos sentir un pouco máis
fortes no remuíño dos nosos sentimentos.

Unha aperta moi grande.

pasaxeira dijo...

Pues cuando lo escribí no tenía ni idea que ayer entraba la primavera y mucho menos a esa hora. Una bonita casualidad...¡bendita primavera!

Gracias a todos por vuestros comentarios, entran como luz en la oscuridad del caos.

Un besazo!!!

Susi DelaTorre dijo...

Todo muda, e pra tí, Pasaxeira, de xeito doado.
O caos tamén pode ser un paraíso...

Mil bicos primaverais!

El mundo de Nadie dijo...

Gracias

Fran dijo...

Seguro que cando se constrúa outra estabilidade será distinta, e incluirá unha querencia especial polos sons dos paxariños. Mudamos, e ás veces, hai que agradecer poder cambiar e adaptarse, incluso esquecer.

Un bico pasaxeira.