.jpg)
Saraibas que caen
no chan quedan
nun manto cubrindo a terra
entre follas, entre herbas
dunha tarde de inverno
dun día pequeno
do mes de decembro
Caen saraibas,
petando a herba
tentando abrigo
no medio dela
Caen saraibas
golpeando miudo
como unha dor
buscando refuxo
Caen saraibas…
e veñen e petan
petan no chan sen compaixón
petan coma a dor ao meu corazón
2 comentarios:
Gustoume moito este poema, nada retorcido, é... non sei, honesto. Un poema honesto. Raro de ver na blogosfera. Grazas...
Grazas a tí...
a verdade e que o comencei a escribir dun xeito máis retorcido, pero non me gustou... non sei porque a maioria das veces tendemos a complicalas cousas.
En xeral, para min o fermoso, si é sinxelo, cala moito máis fondo.
Un bico Paladín!
Publicar un comentario