miércoles, 10 de diciembre de 2008

Escribindo sin sentido acabo nun tema socorrido

non sei se importa moito o contido do que escribo, pois agora, so me presto a escribir sen sentido…
debera buscar algo sobre o que escribir antes de poñerme a facelo, algún tema capaz de transmitir algún coñecemento ou emoción, algo que non só teña como fin ser escrito, senón que tamén teña o fin de ser lido…pero ultimamente xa non busco nada, xa cansei, non busco nada para nada. Non teño moi claro se antes andaba a buscar, eu penso que tiven épocas. Pero sí, quizais que sí, penso que dun xeito ou de outro, sempre andiven a buscar algo. Agora, que xa non teño claro o que hai que buscar, non busco nada…o que pasa e que parece que así non se me da ben vivir, e isto fai que se xunten en min unha presa de forzas que queren estoupar por algún lado… e velaites: este é o motivo real polo que me puxen a escribir.
Sen sentido.
Puidera poñerme a falar dalgún tema socorrido.
¿é o amor un tema socorrido?
Quizais que sí.

Aii! Meu amor, meu amor! Canto te busquei!
E agora non te quero nin ver…
Nin asomar…
Nin se che ocurra!!!!

Vaia…parece que a loucura quere rondarme nesta escritura. Polo que deduzo que non é boa idea poñerme agora con este tema, pois a verdade e que non quero falar asi do amor…ademais, como vou falar del? foi unha das cousas que busquei e nunca atopei, e nin sequera vexo correcto falar del, pois non se debe falar de quen non se coñece.
Nalgúns dos meus viaxes, cando andiven a buscalo, cansei de preguntar por él…atopei moita xente de ida e de volta e as respostas que me daban non me deron pista algunha, pois tanto mo puxeron como a maior das miragres, como a desgracia máis grande, algúns dicían que o era todo e outros aseguráronme que non existía… así que, voltei dos viaxes sen atopalo e cunhas señas que so me levaban á confusión.
Sempre que volto das viaxes procuro sacar algunha aprendizaxe… ou unha conclusión. Desta volta resultaba imposible, pero aínda así intenteino. Nunhos días estiven atarefada procurando atopalas palabras que máis se axeitaran, según o meu entendemento e o meu sentimento…
...se cadra, vai ser mellor que outro día escriba con calma sobre a conclusión-definición á que cheguei
…que ollo! hai moitas! témome ...que tantas coma persoas!
e que tanto existe coma non existe
en tanto q a lo menos dúas das definicións
encaixen ou non á perfección…

No hay comentarios: