jueves, 25 de diciembre de 2008

Bo Nadal

Fai frío, hoxe acortei o paseo, este aire xeado perfórame os oídos e o respirar. Cando saín, deixei a cociña de leña quentando a casa, precisamente para saborear este momento do regreso, esta caloriña e sensación de fogar que enche a miña alma nestes momentos. Cando saín levaba tamén unha leve sensación de alegría, por noticias recibidas, cousas que che fan brotar unha pequena ilusión pola vida, casualidades benvidas…puideran ser tonterias, pero non importa, hoxe deixareime estar nesta tonteria… necesítoo… e póñome a pensar que tal vez Papa Noel exista, eu nunca crin nel, pois so creo nos Reises Magos…a eles débolles os momentos máis felices da miña vida... pero, bueno, haberá que abrir horizontes e deixarse agasallar tamén por Papa Noel ¿por qué non?
O paseo foi ben pequeno, pois xa estaba xeando, o cal me fai pensar que esta noite caerá unha gorda. Cando viña cara á casa, o fume da chimenea indicábame de donde viña o vento… viña “do lado da neve”… isto era o que eu oía de pequena… e sempre miraba para ese lado como se trais aquelas montañas se escondera toda a neve do mundo esperando a que o vento soprase dese lado para poder vir onda nos chea de ilusión, cubrindo a paisaxe dun branco especial, onde a luz do sol simulaba vir doutro espazo, donde as eiras se enchían de zonas de xogos para os máis pequenos e o mundo parecía outro máis fermoso. Chegaba irrompendo a rutina e enchendo os días de emoción e alegría. Por iso, cando vexo que o aire ven do lado da neve, sinto unha especie de benestar especial... que sumado á miña tontería pola noticia recibida…fixo deste día un día de benestar…
¡bo Nadal!

No hay comentarios: