martes, 19 de agosto de 2008

a miña esperanza

A miña esperanza nun mundo
que non é mundo,
nun final,
que non é final,
o derradeiro sentido da xente,
das voltas dadas,
das pisadas.
No branco e negro
No ben e mal
No camiño sen camiño,
Collendo a fror da inocenza
Pucheiro de bágoas de pureza
Eu son pucheiro da vida,
tembro e tembro,
anicada ó carón dunha ilusión
dunha aperta de amor

No hay comentarios: