jueves, 9 de abril de 2009

Abandono

No fluxo da vida. Outra vez volvo aquí, a enchelo espazo en branco, a tender lazos e tecer palabras, nas paradoxas cotiás, onde o vínculo que as une, quizais séa o máis forte dos sostés.

Saín dalo paseo, como sempre que poido, pola beira do meu río, e que se entenda, digo meu, polo que para min significa. Saín na miña mente anubrada, tal cal o día que hoxe vai… ai, miña mente, miña mente…que estraño atoparme nela…paso a paso, fago e desfago nos meus labirintos, sen perder de vista a auga pasaxeira que acompaña o meu momento. Un refol de vento afástame do pensamento e vira a miña vista cara o ceo… de ben certo, comezará a chover en calquer momento. O rio deu o sinal, marcando nas súas augas as ondas que provocan as primeiras gotas. Din a volta e apresurei o paso ata atopar refuxio no ruinoso muíño vello.

Escuro…

non entendo como os veciños podían moer con tanta escuridade, hoxe decátome de que non hai unha mísera ventá
ai...canto alí se moeu! ...canto trigo, canto maínzo! …cantas faladurías, cantas risas, cantos contos, cantos amores!

Hoxe, a pedra de moer esta fora do sitio, a roda xa non xira, o cano da auga so leva terra e bouza, a madeira está podre, as silvas e enredadeiras entremétense polo medio do tellado…ata as enormes teas de araña están abandonadas … sinto medo…

quizais a dor do medo

mais…se ben o penso… a qué?

ó temor do paso do tempo?

...tal vez á dor da misteriosa ferida que provoca o abandono

3 comentarios:

Marisa dijo...

Non é so o abandono dos muíños.
Casas derrubadas pola maioría do rural galego pedindo a gritos que boten man delas.
Non me dán medo. So moita pena.

Un abrazo.

merce dijo...

Un tranquilo paseo que te lleva a ti, a esa sensación, que nos une...quizá a muchos...el abandono...
...esa misteriosa ferida...

Como te comprendo !!!

Un abrazo grande pasajera.

Susi DelaTorre dijo...

A derradeira frase túa, Pasaxeira, serve para ficar un ratiño...

O tempo e os seus efectos nos fan ter medo, coa sensazón do fuxir antes nós e con eles.
E máis velo abandono e ruinas.

Un bico, con moitas forzas!
e para atopar a beleza,
a esperanza nas pedras baixo a chuvia!