Supoño que este ano podería pasar tal cal o pasado, nos días que agora parecen non existir, parece que o vivir neste inverno se converteu nunha noite continua.
Hoxe foi un día gris que vin de milagre nunha ollada que desperdiguei hacia a ventá da oficina, mentres no pasar de cada minuto sentía como unha sospeita de virus me iba afondando na cabeza, no fuciño, na gorxa e no pulmón…
Outro hoxe, mentres na noite se acumula un novo mañá que dará lugar a outro hoxe e un onte máis, confundido entre tódolos ontes… nun circulo vicioso no que circulan os días, os anos e a vida.
Abril
Hace 5 días
2 comentarios:
Qué fermoso: " outro hoxe...confundido entre tódolos ontes..."
Encántoume atoparte en galego!!
Un biquiño agarimoso...
Gracias!!! pero non teño moi claro se é fermoso ou penoso sentilo así!!
De vez en cando algo en galego, como no meu día a día...
cando escribo en galego teño a sensación de que as palabras discurren moito máis lentas e máis tenras
moitos bicos!
Publicar un comentario