Como unha gota chega ó lago, esperando o seu remanso,no fin da sua caida, eu hoxe chego á casa…
día longo, moi longo… morta de sono.
Xa non farei as maletas…nin izarei a miña vela.
É increíble como poden cambiar a tornas en cuestións de segundos…
...cambio de plans.
Sei que só hai unha nana posible para min: a escritura. Tal vez me enganche no teclado, e non pare de escribir por escribir ata o luns, cando haiba que regresar a ese lugar que me deixa sobrevivir.
MARZO
Hace 1 semana
No hay comentarios:
Publicar un comentario